NOSA TENDA

Benvidos á nosa tenda, o obradoiro de olería onde se dan cita a tradición, a creatividade e a artesanía!

Alfarería Faya nace, aproximadamente, fai 40 anos da man de Manuel Faya e Teresa Cancela (Teresa de Rulo).

Entre os dous asentan unha traxectoria oleira de 6 xeracións: Modesto de Margarita e Lola de Rulo, pais de Teresa; perpetuaron un herdado camiño laboral adicado á olería; e, por outra banda, os avós de Manuel tiñan un camión chamado “O Hispano” co que viazaban polas feiras adicándose á venta e a carrexar xente.

Hoxe, seguindo coa tridición e coa intención de manter intacta toda esta vida oleira e familiar está Bea Faya, filla de Manuel e Teresa.